Andresadas |
![]() http://andresito_gal.blogia.com Benvidos ó web blog de Andrés Rozados Lorenzo, alumno da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación ( estudando, ou intentándoo , Publicidade e Relacións Públicas) en Pontevedra. Neste blog quero expresar a miña opinión con total sinceridade e liberdade sobre temas de onte, de hoxe e de mañá. Ofrecervos todas aquelas pequenas cousas que nos alegran, e tamén entristecen, na nosa vida.
|
|
|
Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.
A SEGUNDA CURTAMETRAXE DE JAIRO IGLESIAS XA TEN TRAILER A ESTREA ESTÁ PREVISTA PARA FINAIS DE XUÑO O trailer da nova curtametraxe do realizador santiagués Jairo Iglesias, Cicatrices, xa está dispoñible na páxina web http://cicatrices.produccionesretrato.com. Aquí, colócovos unha ligazón en Youtube A cinta que conta cos coñecidos actores galegos Isabel Branco, Xavier Deive e Estíbaliz Veiga conta a historia de tres persoas que tentan supera-lo seu pasado en terapias de grupo. Producciones Retrato, produtora de Iglesias e Sara Horta ten previsto estrear a finais de Xuño en A Coruña, onde se rodou a curtametraxe a mediados de febreiro. Despois da súa estrea oficial, teñen previsto proxectala tamén a Santiago de Compostela, Pontevedra, Lugo e Ourense, así como participar en distintos festivais, mostras de curtas e coloquios sobre o mesmo. Cicatrices ten unha duración de 12 minutos, e foi gravado en Alta definición o inverno pasado. Está coproducido por Formatoriginal e conta coa colaboración de Hoteles Zenit. FICHA ARTÍSTICA ELENA ISABEL BLANCO EL XABIER DEIVE MAR ESTÍBALIZ VEIGA FICHA TÉCNICA Producciones RETRATO PRESENTA PRODUCIDO POR SARA HORTA JAIRO IGLESIAS AXTE. DE DIRECCIÓN SARA HORTA GUIÓN JAIRO IGLESIAS DIRECTOR DE FOTOGRAFÍA ANDRÉS VICTORERO DIRECTORA DE CASTING JORGELINA DRAGONE MÚSICA NICOLÁS CASAL DIRECCIÓN ARTÍSTICA RUTH CASADO SON YAGO PICO AXTE. DE SON NATALIA CANCELA OPERADORES DE CÁMARA RAFAEL MALLO / RODRIGO CHICO ALBERTO RODRÍGUEZ / DIANA DÍAZ ELÉCTRICO SERGIO GONZÁLEZ MAQUILLAXE NATALIA FERNÁNDEZ FOTO FIXA RUTH CASADO PUBLICIDADE E RRPP ANDRÉS ROZADOS GRIP/ CATERING MARÍA MARTÍNEZ SCRIPT DAVID VÁZQUEZ DURACIÓN 12 minutos. FORMATO DE GRAVACIÓN ALTA DEFINICIÓN [HD] LOCALIZACIÓNS A CORUÑA RODAXE 3 DÍAS Elena foi unha muller maltratada polo seu marido. Mar saíu adiante exercendo a prostitución. El é un ex alcohólico. Aquí colócovos unha ligazón en Youtube (tamén o podedes ver na parte esquerda) Estes estudantes de publicidade teñen cada vez máis ideas disparatadas pero simpáticas e sempre con sentido do humor. Estes amigos fixeron un spot de botas de fútbol cambiando totalmente as ideas que as grandes axencias teñen deste deporte. A seguir con ese labor tan bonito.... Aquí colócovos unha ligazón en Youtube (tamén o tedes na parte da esquerda) Este é un traballo que fixemos para Tecnoloxía nos Medios Audiovisuais. A idea xurdiu a partir da música... Escoitando a BSO da peli The Full Monty apareceu esta anuncio para unha bebida enerxética... Espero que vos guste e que vos riades con este traballo... |
Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras